PUBLICIDADE

Rosón, Muíños, Castro e Álvarez dan un paso adiante “unidas” cara as eleccións municipais de 2027

O anuncio chegou este martes na véspera do segundo aniversario do pleno do 24 de xuño de 2024 no que as concelleiras expulsadas do PSdeG desobedeceron a dirección do partido facilitando a aprobación da ordenanza das VUTs

As catro concelleiras Non Adscritas -Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez- darán un paso adiante cara ás vindeiras eleccións municipais. O novo proceso de creación deste novo proxecto político estará liderado por Mercedes Rosón, quen asume o reto de construír unha alternativa “libre, progresista, rigorosa e centrada exclusivamente nos intereses de Compostela”.

A comparecencia pública coa que confirmaron oficialmente este paso adiante tivo lugar cando queda menos dun ano para as vindeiras eleccións municipais e cando se compren exactamente dous anos desde a celebración do pleno no que se someteu a votación a ordenanza que completaba a regulación das vivendas de uso turístico -o 24 de xuño de 2024- impulsada pola propia Rosón durante o pasado mandato. Unha votación na que, a ruptura da disciplina de voto, custoulle ás catro Non Adscritas a súa expulsión do PSOE.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.