O Concello de Melide vai mellorar a pavimentación e seguridade viaria no núcleo de Corral de Medio (Santalla); Piñeiros, Baltar, Camiño da Costa e Pista de Piñeiros; Mirce, (Moldes) e Marrás (Maceda).
Os traballos foron adxudicados en Xunta de Goberno á empresa Construcciones Oviga por un prezo total de 305.000 €, a través dun procedemento aberto simplificado con pluralidade de criterios de adxudicación. O prazo de execución desde o inicio das obras será de catro meses.
Os traballos previstos inclúen o acondicionamento, coa limpeza de cunetas, o fresado de formigón existente para un espesor de 5 centímetros, a roza e despexe da vexetación herbácea, así como as canalizacións e pavimentos e a pintura de sinalización.
MELLORA DO RURAL
Estas obras supoñen, tal e como indica o alcalde, José Manuel Pérez, “un investimento importante na zona rural do noso Concello”, con intervencións que van permitir mellorar a seguridade viaria e favorecer o tránsito de varias vías que se atopan deterioradas e en mal estado e que precisan dun arranxo urxente.




