O novo Proxecto Cobre San Rafael, que será desenvolvido con capital 100% privado, non realizará captacións nin devolucións de auga aos cauces do Río Ulla e as augas de proceso circularán en circuíto pechado, o que garante a afectación cero ao Río. Así o reflicte a documentación remitida á Administración para avaliación ambiental e que foi sometida a exposición pública ata o pasado mes de xaneiro.
Para o deseño dun proxecto que supoña una referencia internacional de sustentabilidade e diálogo coa cidadanía, Cobre San Rafael celebrou máis de 120 reunións con diferentes organizacións e axentes sociais. Froito de estes encontros e para dar resposta a unha demanda social, a compañía puxo un marcha hai tres anos un Plan de Restauración Integral da Mina Histórica de Touro-O Pino no que leva investidos máis de 3,4 millóns de euros. Este sistema supuxo a instalación dunha Planta de Tratamento de Augas (PTA), da canle de drenaxe e de redes de drenaxe e bombeo, así como a limpeza e restauración de leitos fluviais.
As actuacións baseáronse nunha ampla base de datos ambientais, con 1.117 mostras e 52.409 rexistros recollidos desde 2017 no marco do programa de vixilancia continuada, que inclúe controis mensuais nos leitos e acuíferos da zona. O Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente da Universidade da Coruña (GEAMA) foi o encargado de analizar esta información, servindo de base para o deseño do novo sistema de xestión de augas implantado.
Este Plan de Recuperación Integral completarase coa posta en marcha do novo Proxecto que contempla a restauración do 100% dos pasivos da mina histórica, incluídos os antigos depósitos mineiros.