PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Partido Popular de Arzúa solicita á Delegación do Goberno o repintado da N-547

PorBisbarra

Martes, 22 Outubro 2024 , , ,
"Os condutores que descoñecen as delimitacións dos carrís, sen pintar, provocan situacións perigosas", di o portavoz popular

O Partido Popular de Arzúa rexistrou unha queixa á Delegación do Goberno en Galicia para que inste ó Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para actuar con urxencia ante a inexistencia de parte da pintura na estrada N-547, logo da última actuación, xa hai meses, na vía, que ten un percorrido aproximado de 16 km en todo o concello.

Segundo Rafael Rivadulla, voceiro do grupo municipal popular, “non é comprensible que se deixen pasar meses, e chegar o outono coa estrada aínda sen pintar, agora que chega máis choivas”. Indica tamén que “moitos condutores que descoñecen a existencia de carrís dobres ou zonas de liña continua ocupan o que lles parece ou vemos manobras de adiantamento en que os vehículos teñen que ocupar o carril doutro sentido”.

Os populares reclaman ademais o repintado do resto de liñas, que son “case inapreciables en algúns dos tramos da N-547”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.