PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Polo de emprendemento de Ferrol atendeu 370 proxectos

PorBisbarra

Martes, 8 Outubro 2024 , ,
Aneiros reuniuse coas técnicas responsables do servizo do Polo de emprendemento de Ferrol.Aneiros reuniuse coas técnicas responsables do servizo do Polo de emprendemento de Ferrol.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, destacou a actividade do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol desde a súa posta en funcionamento. Así, dende o ano 2022, xa atendeu 370 proxectos. Neste sentido, Aneiros fixo análise da evolución tras manter unha reunión de traballo coas técnicas responsables do servizo, Laura Pérez e Susana Santamarina, coas que avaliou os proxectos máis importantes e singulares.

Dos 370 proxectos atendidos, 67 están finalizados e 303 en activo, o 43% deles en etapa inicial e 48 proxectos en etapa de expansión. Cabe resaltar que, das 310 persoas beneficiarias con proxectos activos, o 63% son mulleres e o sector máis atendido é o do comercio.

Tras a reunión, a delegada territorial puxo en valor que dos 303 proxectos abertos actualmente no Polo, 23 son específicos de remuda. É dicir, están orientados a fomentar o proceso de transmisión de negocios en funcionamento por mor da xubilación dos actuais propietarios.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
303 dos proxecto atendidos polo Polo de emprendemento de Ferrol están en activo.
303 dos proxecto atendidos polo Polo de emprendemento de Ferrol están en activo.

BONO REMUDA

Nesta liña, Aneiros lembrou que a Xunta tamén ofrece apoios económicos a través do Bono Remuda, dotado cun orzamento de 1,5 millóns de euros e cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 30 de outubro. Os negocios interesados en concorrer a esta convocatoria deben ter o domicilio social e fiscal en Galicia, ademais de estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

O Polo de emprendemento de Ferrol é un dos 14 integrados actualmente na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Con esta rede, a Xunta busca impulsar e consolidar proxectos que teñan unha vinculación co seu entorno e nos que as persoas emprendedoras poidan atopar acompañamento personalizado para levar adiante as súas iniciativas aproveitando os recursos locais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.