PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O obradoiro Inicia VII remata a formación en fabricación e montaxe de tubaxe industrial

PorBisbarra

Martes, 8 Outubro 2024 , , , , ,
11 alumnos e alumnas remataron a súa formación ao abeiro do obradoiro Inicia VII.11 alumnos e alumnas remataron a súa formación ao abeiro do obradoiro Inicia VII.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou esta mañá o obradoiro Inicia VII, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 435.563 euros. Tamén acudiron ao acto os alcaldes de Fene, Juventino Trigo; e Cabanas, Fernando Couce. Así pois, trátase dun programa para mozas e mozos en situación de desemprego, incluído no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Na súa intervención, a delegada territorial puxo en valor este tipo de accións formativas que “permiten mellorar a empregabilidade das persoas participantes”. Segundo explicou, facilítase a inserción no mercado laboral a través da combinación da formación coa realización dun traballo efectivo durante un período de 12 meses.

Aneiros tamén destacou a importancia da colaboración entre administracións, neste caso locais, como a vía máis fácil para “optar a axudas e programas autonómicos que repercutan positivamente nos seus veciños”. Así mesmo, puxo de manifesto o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego en Ferrolterra a través deste tipo de accións formativas, orientadas a cubrir as demandas reais do entorno.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Un total de 11 alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, culminaron estes días a formación no obradoiro de Garantía Xuvenil Inicia VII, promovido polos concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos.

O programa impartiuse na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial. Así, os participantes completaron a súa formación teórica con diferentes actuacións de mellora das dotacións públicas ou de uso público no ámbito local a desenvolver nos municipios participantes. Un exemplo foi a substitución e colocación de varandas en Fene e Ares ou a execución de recintos para contedores en Mugardos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.