PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O PP de Barbadás forza un pleno extraordinario para esixir a dimisión do alcalde

O pleno extraordinario celebrarase o 21 de marzo ás 9:30 horas.O pleno extraordinario celebrarase o 21 de marzo ás 9:30 horas.

O grupo municipal do Partido Popular de Barbadás solicitou un pleno extraordinario para esixir a dimisión do alcalde barbadés. O motivo é a “nefasta xestión desenvolvida para a apertura dun posto da Garda Civil”, logo de coñecer que o Goberno central non prevé ningún cuartel no concello, “pese á inseguridade que denuncia a veciñanza”. Así pois, a corporación municipal de Barbadás celebrará o pleno extraordinario o 21 de marzo.

Os concelleiros populares critican a incapacidade do alcalde para adoptar medidas que poñan freo á inseguridade que se vive no municipio, de modo especial na Valenzá. Neste sentido, lembran que o alcalde prometeu na campaña electoral das municipais de 2023 que negociaría a apertura dun acuartelamento para garantir a seguridade da veciñanza, promesa que mantivo desde entón nos plenos.

Nunha resposta ao deputados do PP no Congreso o 29 de marzo de 2023, o Goberno central xa dicía textualmente que “no se contempla la construcción de un nuevo acuartelamiento en la localidad de Barbadás”. Unha resposta que repetiu o pasado 3 de marzo, afirmando que “non ten prevista” a apertura de ningún posto da Garda Civil.

PUBLICIDADE

Con estas respostas, inciden os populares de Barbadás, demóstrase que o alcalde “non é quen de xestionar medidas para aumentar a seguridade dos habitantes do concello e ademais minte á veciñanza, á corporación municipal e aos medios de comunicación sobre esas negociacións”.

Ante esta situación, no pleno extraordinario o PP esixirá ao alcalde que informe sobre todos os trámites realizados desde principios de 2023 ata a actualidade para a apertura do mencionado acuartelamento, así como a información que teña sobre esta cuestión.

Como segundo punto da orde do día, os populares instarán aos grupos municipais a que pidan a dimisión do alcalde.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.