PUBLICIDADE

O PP de Melide denuncia o grave deterioro das instalacións do campo de fútbol municipal

O PP de Melide denuncia que nos últimos meses “está á vista que o mantemento dos edificios públicos é inexistente desde hai anos. Colexios públicos, o multiusos, o pavillón e agora tamén o campo de fútbol”

O PP de Melide vén de denunciar públicamente o estado de abandono e inseguridade que presentan as instalacións do campo de fútbol municipal, particularmente dos vestiarios e baños públicos, con enormes humidades e óxidos.

Os populares consideran que “é inadmisible que os centos de deportistas que fan uso do campo de fútbol cada semana, a maior parte nenos e nenas de Melide, teñan que facelo nunhas condicións tan deficientes de seguridade e salubridade“.

Neste sentido, dende o Grupo Popular advirten de que nos últimos meses “está á vista que o mantemento dos edificios públicos é inexistente desde hai anos”, e exemplifícano co “estado de total abondono no que tamén se atopa o edificio multiusos ou coas carencias coas que conta o pavillón polideportivo”, inciden.

PUBLICIDADE

Antes esta situación, o Grupo do PP no Concello preguntou por escrito ao Goberno local cales eran as actuacións de mantemento levadas a cabo nos últimos anos nos edificios e instalacións públicas, mais “aínda non obtivemos unha resposta”. Ademais, destacaron que “a veciñanza alértanos de graves deficiencias en todos eles: os colexios públicos, o edificio multiusos, o pavillón polideportivo e agora tamén o campo de fútbol municipal“.

O Partido Popular de Melide asegura que “xa non esperamos nada novo deste goberno local, pero si que esiximos que cumpran co mínimo que teñen que facer: manter as instalacións públicas nunhas condicións dignas”, e inciden en que “logo de pechar hai case sete anos a piscina climatizada, que menos que ter outras instalacións deportivas nun estado presentable”, denuncian.

Por últimos, lembran que o Partido Popular de Melide segue a disposición da veciñanza, “escoitando as súas reivindacións e seguiremos fiscalizando as labores deste tripartito que está completamente desconectado das necesidades que ten a veciñanza de Melide”, conclúen.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.