PUBLICIDADE

O PP de Melide solicita información ao goberno local sobre a situación da Policía Local e o mercado dominical

Os populares preguntan tamén sobre a situación do mercado dominical

O Partido Popular de Melide vén de iniciar unha nova rolda de preguntas dirixidas ao goberno local do Concello de Melide, na cal pon o foco, entre outras cuestións, na situación da Policía Local e nas taxas aplicadas aos postos do mercado dominical.

A formación popular vén alertando nos últimos meses acerca do “importante déficit de efectivos e a falta de medios da Policía Local, onde nos últimos meses só 2 axentes prestaron servizo de xeito continuado e regular, con varias vacantes sen cubrir”.

Dende o Partido Popular de Melide sinálase que este “é un servizo esencial para o axeitado funcionamento do municipio, que sofre situacións de vandalismo, roubos e inseguridade de maneira continuada”. Doutra banda, o grupo Popular solicita información sobre a recadación e as taxas municipais cobradas aos postos de venda do mercado dominical, “toda vez que nos exercicios anteriores -2024 e 2025-, apenas se cobraban ditas taxas aos postos instalados”, din.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.