PUBLICIDADE

O PP de Padrón elixe ao edil e deputadoÁngel Rodríguez Conde como novo presidente local

Asistiron ao acto máis de 500 persoas

O Partido Popular de Padrón elixiu por aclamación ao voceiro do Grupo Municipal e deputado autonómico, Ángel Rodríguez Conde, como novo presidente local para dirixir o partido na capital do Sar coa misión de seguir fortalecendo a estrutura orgánica e co obxectivo claro de recuperar a Alcaldía nas Eleccións Municipais de maio de 2027.

No Congreso Local celebrado no Hotel Scala, que reuniu a máis de 500 persoas entre afiliados, cargos do partido e convidados, a militancia tamén refrendou a candidatura presentada por Ángel Rodríguez Conde, de forma que o novo Comité Executivo pasa a estar integrado por 24 persoas (13 homes e 11 mulleres), cunha idade media de 45 anos e con representación territorial das cinco parroquias do municipio.

Na súa intervención tras ser elixido presidente, Ángel Rodríguez Conde comprometeuse a “traballar con cercanía e humildade para sacar adiante os proxectos estratéxicos que precisa Padrón”, como o Plan Xeral de Ordenación Municipal ou unha residencia para persoas maiores, e para “acabar cunha forma de facer política na que sobran fotos, ego e soberbia e na que faltan logros importantes”.

PUBLICIDADE
A popular Paula Prado, foi a encargada de clausurar o acto

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.