O Concello de Santiago acolleu hoxe un pleno extraordinario que tiña como obxetivo lograr o apoio dos partidos da corporación municipal para pagar parte da débeda polas horas extras que a administración mantén cos policías locais e os bombeiros.
BNG, Compostela Aberta e o PSdeG votaron a favor, mentres que o PP e os non adscritos abstivéronse, facendo posible que os profesionais poidan cobrar os cartos que lles debe o Concello. Os non adscritos acusaron ao goberno de “falta de responsabilidade” e os populares na persoa do seu responsable Borja Varea denunciou a alcaldesa a súa “neglixencia, torpeza e irresponsabilidade” e pediu a dimisión de Goretti Sanmartín porque “estálle facendo moito dano a Santiago”.
O bipartito BNG, Compostela Aberta, actuales gobernantes da capital galega, non pecharan antes de que se celebra o pleno o voto favorable para aprobar o pago das horas extras. Os non adscritos deixaron claro que se ían abster porque “ninguén negociou con nós”. Desta maneira, a decisión quedaba en mans do PP. Se se abstiñan, policías e bombeiros podería cobrar, do contrario non. Verea explicou que “poñeremos por diante o respeto que sentimos polos servizos de seguridade e emerxencias da nosa cidade”.
Grazas a esta abstención, o pleno da corporación municipal aprobou, o levantamento de reparo que suspendía o pagamento das gratificacións e festividade dos servizos de Policía Local e Extinción de Incendios e Salvamento. O montante total é de 2.172.487,76 euros e correspóndese coas gratificacións dos meses de novembro a decembro de 2024 e de xaneiro a maio do ano 2025, e coas festividades dos meses de xaneiro a setembro do ano 2025.



