PUBLICIDADE

Fotos: Mónica Montero

A exposición de Annie Leibovitz, que organiza a Fundación Marta Ortega Pérez, tamén percorre a traxectoria vital e artística da fotógrafa estadounidense coñecida polos seus retratos de artistas como Bob Dylan, Grace Slick, John Lennon, Mick Jagger ou Keith Richards

Annie Leibovitz, aclamada fotógrafa e retratista cuxas reveladoras imaxes moldean a nosa memoria cultural, vén de inaugurar no Centro MOP do Muelle de Batería da Coruña a exposición Wonderland, organizada pola Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) É a primeira vez que a artista estadounidense, que traballou para revistas como Vanity Fair, Rolling Stone ou Vogue, mostra as súas fotografías de moda.

Annie Leibovitz comeza Wonderland cun percorrido polos seus primeiros anos, nos que obtivo unha excelente reputación polos seus retratos de músicos como Bob Dylan, Grace Slick, John Lennon, Mick Jagger o Keith Richards para a revista Rolling Stone. Logo, a exposición adéntrase na traxectoria de Leibovitz polo mundo da arte, do cine, da música, do deporte e da política. E pecha a mostra unha ampla escolma das súas fotografías de moda, gran parte delas nunca expostas ao público, que supoñen a alma de Wonderland.

PUBLICIDADE

A exposición conta tamén cunha película e unha publicación, Annie Leibovitz in wonderland, producidas para a ocasión pola Fundación MOP con entrevistas con persoas que colaboraron estreitamente coa fotógrafa ao longo da súa carreira como Bruce Springsteen, Patti Smith, Gloria Steinem, Karen Elson, Tina Brown, Mary Howard e Phyllis Posnick.

A entrada á exposición é libre, poderá visitarse ata o 1 de maio de 2026 e todos os beneficios xenerados coa venta do merchandising da mostra destinaranse ao proxecto Future Stories, dirixido ao apoio de creadores na súa carreira artística. O horario de apertura é de luns a xoves de 10:00 a 20:00 horas, os sábados de 10:00 a 21:00 horas e os domingos de 11:00 a 21:00 horas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.