PUBLICIDADE

O PP propón que sexa a alcaldesa e o BNG quen pague as multas por empapelar a cidade con carteis de Galiza Nova

PorBisbarra

Martes, 15 Xullo 2025 , , , ,
“Gobernar Santiago esixe un nivel de tolerancia, talante, respecto institucional e educación que a alcaldesa demostrou non ter”, afirmou De la Fuente.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, criticou a actitude da alcaldesa Goretti Sanmartín tras a súa decisión de non asistir ao acto institucional de entrega da Medalla de Galiciaá Princesa de Asturias, celebrado onte na cidade.

De la Fuente cualificou de “asombroso e inadmisible” que a propia alcaldesa, tras confirmar a súa asistencia como representante institucional da cidade, renunciase a acudir en menos de 24 horas, “deixando baleira a cadeira de Santiago nun acto que simboliza o respecto ás nosas institucións e á propia cidade”.

O edil popular denunciou que a decisión de Goretti Sanmartín foi tomada baixo a presión da ala máis radical do seu partido, que, ao seu xuízo, “lle dobrou o pulso e a obrigou a desdicirse, antepoñendo os intereses partidistas aos da cidadanía”.

PUBLICIDADE

Así mesmo, lembrou que o BNG e o seu entorno promoveron un escrache contra a presenza da Princesa de Asturias, e denunciou que “resulta intolerable que un partido de goberno convoque e incite a protestas contra un acto institucional da Comunidade Autónoma”.

De la Fuente lamentou que a alcaldesa “non estea á altura do que Santiago representa” e denunciou que “lle queda grande a responsabilidade de gobernar esta cidade”. Acusou ademais ao goberno local de actuar “só para contentar aos máis radicais do seu partido”, no canto de “gobernar para todos os composteláns”.

Finalmente, o concelleiro popular esixiu responsabilidades tamén ao PSOE e aos non adscritos, que fixeron posible o goberno do BNG en Santiago. “Goretti Sanmartín é alcaldesa porque o 17 de xuño de 2023 o PSOE e os non adscritos a puxeron na alcaldía. Se permiten esta deixación de funcións, son tan responsables coma ela de que Santiago non estea sendo representada coa dignidade e o respecto institucional que merece”.

“Se non pode resistir a presión interna, se non é quen de facer valer as súas obrigas como alcaldesa, se non antepón os intereses da cidade aos do seu partido, debe dimitir”, concluíu De la Fuente.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.