PUBLICIDADE

“O que queren é que lle deixe a acta para que a colla Aitor Bouza” di Gonzalo Muíños

PorBisbarra

Luns, 20 Xaneiro 2025 , ,
Gonzalo Muíños na sala de prensa do Concello

Gonzalo Muíños, o portavoz dos socialista en Santiago ata o de agora, denunciou presións para lograr a dimisión de algún dos edís do seu partido para que o secretario local, Aitor Bouza, poidera entrar na corporación.

Este luns ofreceu unha rolda de prensa, acompañado polas concelleiras Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez. Muiños explicou que “a executiva local solo busca sustituir ao grupo”.

“OS CONCELLEIROS DE SANTIAGO TEÑEN QUE CUMPRIR COAS NORMAS DO PARTIDO” DI BESTEIRO

PUBLICIDADE

O secretario xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro explicou que “os concelleiros do Partido Socialista de Santiago teñen deben de cumprir as normas do partido. As condutas que vaian en contra dese marco de dereitos e deberes teñen a mesma consecuencia”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.