PUBLICIDADE

Ortigueira comeza as obras no aparcadoiro do xulgado

PorBisbarra

Xoves, 20 Agosto 2026 ,
A actuación nos xulgadosde Ortigueira supoñen un investimento autonómico de 48.000 euros.A actuación nos xulgadosde Ortigueira supoñen un investimento autonómico de 48.000 euros.

O Concello de Ortigueira vén de comezar as obras de mantemento e acondicionamento do aparcadoiro do edificio xudicial. A intervención iniciada esta semana supón un investimento de 48.000 euros. Trátase dunha actuación realizada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

As tarefas céntranse na reparación e pintado dos accesos, o arranxo do pavimento de adoquín de granito e o peche perimetral da parcela.

A execución das obras durante o mes de agosto responde á planificación da administración autonómica para aproveitar o período estival. Así, coa menor actividade nos xulgados, non se entorpece a atención á cidadanía.

PUBLICIDADE

Trátase da segunda intervención no xulgado de Ortigueira nos últimos anos. Neste sentido, no 2022 a Xunta investiu 38.000 euros para subsanar problemas de filtracións nas cubertas do edificio.

O alcalde ortigueirés, Valentín Calvín, celebrou que o ente autonómico “teña en conta as necesidades de Ortigueira e se fagan investimentos no noso municipio”. Así pois, agradeceu á Consellería que “manteña os xulgados nun estado óptimo para dar o mellor servizo posible ás cidadás e cidadáns”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.