PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os populares califican de “irreal e desorbitado” o orzamento melidense

PorBisbarra

Mércores, 4 Decembro 2024 , , , ,
Os populares critican que no 2025 non se destinen cartos para o arranxo da piscina municipal

O PP de Melide votou en contra dun proxecto de orzamentos “irreal e que responde a unha política económica destrutiva do aforro municipal en gasto corrente para satisfacer as necesidades dun tripartito incapaz de levar adiante os proxectos urxentes e prioritarios para Melide”, explican os populares.  Engaden que “destínanse cero euros para a apertura da piscina climatizada, cero euros para o problema de depuración de augas do Polígono Industrial e cero euros para a retirada de lodos da área de baño do río Furelos, ademais de dilapidar, durante este 2014 1,8 millóns de euros de Remanente de Tesourería en pagamento de facturas, a maioría de contratos menores en fraude de lei, en gasto corrente”.

“A única forma de equilibrar os orzamentos de elevar o gasto é aumentar os ingresos” sinala o PP de Melide; “analizando o proxecto de orzamentos so podemos extraer que o IBI aumentará a recadación en 328.000 euros en 2025 respecto a este capítulo no orzamento anterior e non hai previsto unha suba de impostos ou unha recepción de transferencias polos 1,6 millóns restantes que sube o orzamento”.

“CINCO ANOS COA PISCINA PECHADA” DIN OS POPULARES

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Partido Popular de Melide fai fincapé no capítulo VI de gastos relativo a investimentos, explica que  “inclúe o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña e tan so 14.000 euros máis dos presupostados no orzamento anterior para obras, pasamos de 185.000 euros a 200.000, polo que o aumento é puramente sobre o papel e como dixemos non inclúe ningún dos temas prioritarios para Melide: hai cinco anos que a piscina climatizada está pechada, hai cinco anos que o proxecto á EDAR municipal está parado e hai máis de 5 anos que a praia fluvial non se arranxa”.

O GOBERNO MELIDENSE DEFENDE O “ENFOQUE SOCIAL DOS ORZAMENTOS”

Pola súa banda o goberno melidense fixo fincapé no gasto social que aproba para 2025. Fontes municipais explican que a axuda ao domicilio contará cun investimento próximo a 1.250.000 euros, que supón 26% do gasto corrente. Os servizos básicos achegaranse aos 2.270.000 euros (case un 24% do gasto corrente), mentres que cultura e educación recibirán 902.426,57 euros, o que supón un 9,42% do gasto corrente. A área de Deportes contará cun orzamento superior aos 225.000 euros. En total, o financiamento dos servizos básicos, os investimentos, os servizos sociais, a cultura, a educación e máis os deportes correspóndese co 77% do Orzamento de 2025.

O goberno melidense destinará ás subvención nominativas de apoio ao sector asociativo da vila van destinados 215.00 euros, a maior cantidade destinada nunca nun orzamento, o que supón a maior aposta polas asociacións tanto culturais, deportivas e de outro ámbitos. A maiores, no vindeiro ano, a administración local adicará 18.000 euros de apoio ás festas das parroquias.

O Concello de Melide salientou que “se trata dun orzamento realista e razoable, axustado ás necesidades económicas constatadas en exercicios anteriores a través das liquidacións reais. Uns orzamentos que aposta por mellores servizos, mellores infraestruturas, mais apoio á cultura, ao deporte, ao comercio e mais atención os servizos sociais”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.