A asociación de pesca melidá vén de solicitar á Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e en concreto ao Comité Provincial de Pesca Fluvial da Coruña, que a licenza para pescar sexa gratuíta para quen acredite ter un grao de discapacidade dun mínimo do 35%. A maiores, solicita que a este colectivo lles sexa permitido utilizar o cebo natural no mes de xullo en aqueles ríos onde estea prohibido.
Xabier Pazo, o presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos explica que “realizamos esta petición xa que somos coñecedores de que as persoas con discapacidade atópanse diariamente con dificultades para poder acceder aos servizos telemáticos e tamén solo poden pescar en zonas moi limitadas e cunha modalidade de pesca case sempre acompañada dun familiar ou amigo”.