PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta forma a 23 empresas sobre xeración de contidos online co Polo de emprendemento de Ferrol

Marta Mariño e Martina Aneiros clausuraron a acción formativa sobre xeración de contidos organizada desde o Polo de emprendemento de Ferrol.Marta Mariño e Martina Aneiros clausuraron a acción formativa sobre xeración de contidos organizada desde o Polo de emprendemento de Ferrol.

O Polo de emprendemento de Ferrol ofrece formación no marco da aceleradora de proxectos “Xerme Ecommerce”

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausuraron a acción formativa sobre xeración de contidos organizada desde o Polo de emprendemento de Ferrol coa colaboración do Clúster do Ecommerce Galego. Enmárcase na aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, o primeiro programa de formación que se leva a cabo da man deste clúster. Neste programa bótase man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que os 23 proxectos elixidos aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.

O programa está dirixido a novos proxectos no eido do comercio electrónico e a negocios existentes que aposten polas oportunidades de expansión que ofrece a comercialización dixital. De feito, das 23 empresas escollidas, 11 venden online, 4 só teñen local físico e 8 contan con ambas opcións, con interese en potenciar a venda electrónica.

En concreto, a través de Xerme Ecommerce, avógase pola formación e mentorización. Para logralo, organízanse obradoiros, titorización personalizada e sesións docentes para que os emprendedores busquen oportunidades en todos os mercados, apoiados en expertos profesionais na materia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

No tocante á acción formativa de clausura, estaba centrada na promoción da aprendizaxe, a planificación e a creación de contido, xunto coas principais ferramentas que se poden utilizar e o tipo de contidos que se poden xerar. Así mesmo, abordouse como calendarizar as publicacións de maneira eficiente e un caso práctico de creación de guión, con nocións de edición básica.

Cómpre sinalar que 20 dos proxectos elixidos no marco do Xerme Ecommerce refírense a produtos, mentres os outros tres abranguen servizos de viaxes, turísticos e de formación. No primeiro grupo, destacan as iniciativas de distribución de produtos alimentarios, cosméticos, relacionados coa moda ou coa artesanía. Neste último grupo salientan os relativos á xoiería, á cultura, á tecnoloxía ou aos xoguetes.

POLO DE FERROL

Malia enmarcarse na aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, o acto tamén estaba dirixido ás persoas atendidas desde o Polo de emprendemento de Ferrol, que desde a súa posta en marcha leva atendidos case 400 proxectos.

Neste senso, cabe destacar que case un 70% desas iniciativas están impulsadas por mulleres. Por sectores, predominan os servizos, cun 23%; seguidos do comercio, cun 19%; e da hostalaría, cun 13%.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.