PUBLICIDADE

A zona dos Pexigos sofre unha nova fuga e corte de auga en menos de 24 horas

PorBisbarra

Xoves, 27 Marzo 2025 , ,

Unha veciña dos Pexigos relata como de madrugada escoitou rebentar un cano da auga, xusto no lugar no que fixeron os arranxos o martes, chamou ao Concello que enviou aos técnicos a botar un ollo, “cortaron a auga e marcharon”

A indignación entre a veciñanza da zona dos Pexigos en Santiago segue medrando. Non pasaron nin 24 horas dende a última avaría e o consecuente corte de auga, e volveuse producir unha fuga. Nesta ocasión, no mesmo lugar no que os técnicos de ViAQUA interviñeron o pasado martes, segundo relatou unha veciña do barrio a Bisbarra. Eran as tres da madrugada cando esta veciña escoitou como rebentaba o cano de traída.

“Saía moitísima auga e chamei ao Concello. Mandaron aos técnicos, botaron un ollo, cortaron a auga e marcharon”, explica esta veciña que, como todos os que residen nesta zona dos Pexigos, móstrase indignada e reclama que se poña fin dunha vez a esta situación, que xa é recurrente, e xera moitos problemas e dificultades para todos os residentes.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.