Estas distincións, correspondentes ao ano 2024, recoñecen anualmente o labor, a traxectoria, notoria e exemplar no eido deportivo galego de persoas e entidades
A Xunta entregou onte mércores, 26 de marzo, as distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes ao ano 2024 nun acto que se desenvolveu no Teatro Principal de Ourense e no que participaron, entre outros, o presidente galego, Alfonso Rueda, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo ou o presidente da Deputación ourensá, Luis Menor.
Cómpre salientar que a entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia reactivouse en 2022 tras os anos de pandemia cunha gala celebrada en San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela na que se entregaron 106 condecoracións. O ano pasado foron 109 as entregadas en Ferrol. En total as persoas e entidades recoñecidas xa suman máis de medio milleiro.
Estas distincións foron creadas en 2010 e son concedidas anualmente logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da comunidade autónoma de Galicia.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado luns a relación das 99 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que recibiron a máxima condecoración do deporte a nivel autonómico e que son as seguintes:
Distincións da provincia da Coruña
José María Valeiro Iglesias (título póstumo), José María Caneda Antelo (título póstumo), José Antonio Naya Mella (título póstumo), Manuel Díaz Dans (título póstumo), María Antonina Sanjurjo Aranz (título póstumo), María ‘Maruca’ Allones Pérez (título póstumo), Gloria Tapias Curbera (título póstumo), María del Carmen Borrego Fernández (título póstumo), Pilar Hidalgo Iglesias, Manuel Seco Hermida, Ana Díaz Meléndrez, Yolanda Parga Rodríguez, Javier Gómez Noya, Alejandro Pérez García, Argimiro Vázquez Guillén, Tomás Llao Gómez, Francisco Luis Parga Vila, Alfonso Castro Rivera, Dolores Rojas Suárez, Eva Val del Río, Andrea Trepat Montero, Futbolistas pioneiras de Crendes, Chaston Fútbol Sala, Sal Lence, CRAT feminino e Bergantiños Club de Fútbol.
Distincións da provincia de Lugo
José Antonio Díaz Expósito, Juan Bosco Casal Rodríguez, José Luis Sánchez González ‘O Grande’, Vicente Celeiro Leal, Diego López Rodríguez, José Luis Álvarez Díaz ‘Rocky’, Alicia López Álvarez, Francisco ´Kiko’ Rey García, Ana Ferradás Barrera, Ramón Rodríguez Buján ‘Ramonín’, Pilar Rocha Díaz, María del Carmen Lence Ferreiro, María del Carmen Tojo López, Bibí Bouza Betríu, José Manuel Rozas Bello, Francisco Rivera Cela, Alessandra Aguilar Morán, Saleta Fernández López e Club Lemos.
Distincións da provincia de Ourense
Alejandro Fernández Rivera, Támara Echegoyen Domínguez, Luis Rodríguez Vaz, José María ‘Chema’ Royo Sanz, David Monreal Izquierdo, José Antonio ‘Sony’ Vázquez Vázquez, Carlos Rodríguez Diéguez, Vicente Álvarez Núñez, Alfonso Vilachá Rodríguez, Adolfo ‘Fito’ López Arribas, Marisa Acevedo Rego, José Luis ‘Victoria’ Gómez Álvarez, Beatriz Valcarce Arias, Daniel Pérez Morales, Miguel Ángel ‘Fosi’ Álvarez Vázquez, Plácido Díaz Fernández, Olalla Piñeiro Mosquera, Rebeca Piñeiro Mosquera, Paula Carballido Romero, Constantino Prieto Salgado, Club Deportivo Ourense 1967/1968 e Milla urbana O Barco de Valdeorras.
Distincións da provincia de Pontevedra
Pablo Hinójar Rey (título póstumo), Manuel Palmás Pérez (título póstumo), Juan Rodríguez Pérez (título póstumo), Christine Giraud Gignoux (título póstumo), Francisco Martínez Martínez (título póstumo), Áurea ‘Aurita’ Rodríguez Barros (título póstumo), Marina de Sáa González, Rosa Costas Barreiro, Rafael Carlos Sáez Aboal, José Antonio Ramos Besteiro, Víctor Manuel Lorenzo Lomba, Amalio Cortizo Pereiro, Xisela Aranda Núñez, Jesús ‘Suso’ Soliño García, Manuel Piñeiro Varela, Sara Gómez Ferreiros, José Antonio Gorgoso, José Manuel Ferreira Sanmiguel, Carmela Torres Castiñeira, Telmo Silva Alonso, Elena Fernández Rodríguez, Julio Ventín Rivas, Marta Felpeto Lamas, Guadalupe Murillo Solís, María de los Ángeles ‘Marián’ Mouriño Terrazo, Vanessa Veiga Comesaña, Sonia Molanes Costa, Joaquina Costa Iglesias, Susana Garabatos Rodríguez, Alba Caride Costas, Xeración anos 70-80 Celta baloncesto e Club Deportivo Valladares.