PUBLICIDADE

Rematada a reforma do futuro albergue de Cedeira

PorBisbarra

Martes, 6 Maio 2025 , , ,
Na reforma rehabilitouse a cuberta e as fachadas do antigo escolar.Na reforma rehabilitouse a cuberta e as fachadas do antigo escolar.

O Concello de Cedeira ten xa rematadas as obras de reforma do antigo escolar de Corredoira, o futuro albergue de titularidade municipal. Na actuación no edificio, situado na parroquia de Cervo, investíronse case 145.000 euros.

Segundo o Goberno local, o seguinte paso é amoblar as instalacións e regular o seu uso como albergue para grupos ou asociacións que estean de visita en Cedeira e no Xeoparque Cabo Ortegal. A antiga escola iniciará así unha nova vida como un elemento importante na man da administración local para contribuír á dinamización turística e económica do territorio.

O antigo escolar é un edificio con 348 metros cadrados construídos, dentro dunha parcela de 821 metros cadrados situada ao pé da estrada provincial DP-2204. A súa construción data de 1962 e en orixe foi unha escola unitaria. Despois, entre 1995 e 2003, o Concello de Cedeira fixo unha ampliación e mellora do inmoble. Xa en 2013, o seu uso foi cedido á Organización Juvenil Española (OJE) para desenvolver campamentos. Non obstante, en 2020 o pleno da corporación acordou recuperar o seu uso.

PUBLICIDADE

O edificio presentaba problemas de humidade e precisaba a rehabilitación da cuberta e as fachadas, así como a actualización e adecuación do interior. A reforma que se levou a cabo mellorou tamén a accesibilidade e o illamento. O Concello executouna con fondos do POS+Adicional da Deputación da Coruña.

Tras a reforma e a instalación dos mobles, regularizarase o uso como albergue.
Tras a reforma e a instalación dos mobles, regularizarase o uso como albergue.

Agora, a intención é que o regulamento de usos do novo albergue de titularidade municipal sirva para convertelo nun recurso para o Concello, o Xeoparque e aquelas asociacións de Cedeira, socioculturais e deportivas, que organizan ao longo do ano diferentes eventos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.