O CONCELLO PROCEDERÁ A SOLICITAR QUE O TRAMO PASE A SER DE TITULARIDADE MUNICIPAL
Os traballos de acondicionamento da travesía na N-120A, antiga estrada de Monforte, están a piques de rematar. Os traballos consistiron no aglomerado e arranxo completo da travesía urbana na parroquia de Melias, no Pereiro de Aguiar. A continuación, instalouse a nova sinalización horizontal e vertical. Segundo o alcalde, Luís Menor, o resultado é “unha estrada en moitas mellores condicións, con maior seguridade para vehículos e peóns”.
Co remate dos traballos, o Concello do Pereiro de Aguiar procederá a solicitar que este tramo arranxado de natureza urbana pase a ser titularidade municipal. Esto suporá unha mellora nas condicións de edificabilidade, xa que se lle aplicará o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Pereiro de Aguiar e non a Lei Xeral de Estradas do Estado, que é moito máis restritiva. Do mesmo xeito, no seu momento realizouse o mesmo proceso tras o arranxo da travesía de Vilariño.
O Goberno local salienta que co acondicionamento da travesía de Melias cúmprese a promesa de solicitar ao Ministerio de Fomento o arranxo das travesías de Vilariño e Melias e a súa posterior transferencia ao Concello. Así, lógrase a mellora substancial na seguridade destas estradas e a aplicación dunha lexislación de edificabilidade moito máis favorable que a estatal.