PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cariño certifica a reparación dos filtros da ETAP do Castro

PorBisbarra

Mércores, 11 Setembro 2024 ,
A alcaldesa de Cariño visitou a ETAP para comprobar o bo funcionamento.A alcaldesa de Cariño visitou a ETAP para comprobar o bo funcionamento.

O Concello de Cariño realizou a derradeira certificación da reparación dos filtros da Estación de Tratamento de Auga Potable, ETAP do Castro. Así, comprobouse que estes filtros están completamente rehabilitados e en funcionamento. Neste sentido, a súa posta en marcha mellorou a problemática da auga no municipio, xa que dende a súa instalación melloraron notablemente os parámetros que esixe Sanidade, rexistrando un descenso considerable dos valores de metais.

A ETAP do Castro abastece de auga á zona do núcleo do municipio e a parroquia da Pedra, polo que o seu correcto funcionamento é unha das principais preocupacións do Goberno local. Dende o consistorio salientan que traballan activamente para poñer solución canto antes ás problemáticas en relación coa auga.

A alcaldesa, Ana María López, explicou que seguirán traballando “para mellorar as instalacións e as zonas de encoros, xa que hai moito que facer tras varias décadas sen un mantemento axeitado”. Na mesma liña, a rexedora asegura que se acometerán más actuacións nos vindeiros meses “para asegurar un bo abastecemento de auga nos fogares de todos os veciños e veciñas de Cariño”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.