PUBLICIDADE

Roberto Verino recibe o Premio de Honra da Academia da Moda Española

PorBisbarra

Venres, 18 Xullo 2025 , , , ,
O deseñador expresou a súa emoción e gratitude por este recoñecemento.

O deseñador galego Roberto Verino recibiu un dos galardóns mais importantes da sua carreira ata o momento. O creador de Verín for recoñecido coa máxima distinción da Academia da Moda Española, que lle outorgou o seu Premio de Honra na segunda edición dos Premios FAME. Este galardón destaca unha traxectoria profesional exemplar marcada polo compromiso ético, a defensa da moda con valores e a conexión emocional coas persoas.

Con máis de corenta anos de carreira á fronte da súa firma, o deseñador galego consolidouse como unha figura clave da moda española e un referente do deseño elegante e atemporal. Fundador da antiga Pasarela Cibeles e membro impulsor da Asociación de Creadores de Moda de España, a súa influencia foi fundamental tanto no ámbito creativo como institucional.

O deseñador expresou a súa emoción e gratitude por este recoñecemento, que sente tamén como unha homenaxe aos oficios e ás persoas que compartiron con el unha maneira de entender a moda feita con alma. O coñecido “traxe Verino”, símbolo do empoderamento feminino nos anos 80, exemplifica o seu compromiso cunha muller forte, libre e valente.

PUBLICIDADE

Este novo galardón súmase a outros recoñecementos como a Aguja de Oro, a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes ou o seu ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes. Para Verino, este premio ten un valor especial por vir de quen forma parte activa da industria que leva décadas defendendo. 

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.