PUBLICIDADE

As Noites en Vela de A Ponte Maceira adíanse ao 30 de agosto pola previsión meteorolóxica

PorBisbarra

Venres, 18 Xullo 2025 ,
As Noites en Vela de Ames, que ían ter lugar mañá sábado en A Ponte Maceira, adianse ao 30 de agosto pola previsión de meteoroloxía adversaAs Noites en Vela de Ames, que ían ter lugar mañá sábado en A Ponte Maceira, adianse ao 30 de agosto pola previsión de meteoroloxía adversa

O cambio de data das Noites en Vela non vai afectar nin ás actuacións, nin aos horarios, nin aos servizos previstos, e con el preténdese manter a esencia e garantir a celebración dunha actividade que naceu para poñer en valor a riqueza paisaxística e natural de Ames cunha cita musical cada ano en A Ponte Maceira

As Noites en Vela 2025 do Concello de Ames, prevista para este 19 de xullo, celebrarase finalmente para o vindeiro 30 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado, para que se poidan celebrar os concertos en óptimas condicións nesta histórica paraxe monumental e natural. A pesar do cambio de data, manteranse os horarios e servizos establecidos para a actividade, como o servizo autobús gratuíto para acudir á velada.

A programación das Noites en Vela 2025 de Ames contempla as actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras. A actuación de Caamaño & Ameixeiras está subvencionada pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2025.

O evento manterá os horarios previstos inicialmente, polo que os concertos comezarán a partir das 21:00 horas. Un cambio de data co que se pretende manter a esencia das Noites en Vela, iniciativa que naceu para poñer en valor unha gran paraxe paisaxística e natural do noso concello como é A Ponte Maceira a través da celebración desta cita musical anualmente.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.