A fadista Marlene Rodrigues protagonizou a cita deste xoves do Verán Cultural do Concello de Barbadás. Como cada semana, o Parque dos Patos acolleu a decenas de veciños e veciñas que se achegaron á tardiña a desfrutar de cultura ao aire libre. Neste caso, Marlene Rodrigues e os seus músicos protagonizaron esta noite de fados, unha proposta moi ben recibida polo público de Barbadás.
A programación do Verán Cultural, impulsado polo Concello de Barbadás, continúa o próximo xoves coa compañía Inventi Teatro, que presentará o espectáculo A libraría máxica no Parque dos Patos. Como é habitual, a obra comezará ás 21:00 horas.




