PUBLICIDADE

Transportes retira o entullo baixo o viaduto da A-52 en Barbadás

PorBisbarra

Mércores, 12 Febreiro 2025 , , ,
Tras a insistencia e xestións do Concello de Barbadás, o Ministerio de Transportes procedeu á retirada do entullo.Tras a insistencia e xestións do Concello de Barbadás, o Ministerio de Transportes procedeu á retirada do entullo.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar a retirada do entullo acumulado na explanada situada baixo o viaduto da A-52 en Barbadás. Estes terreos, de titularidade estatal, foron obxecto de diversas reclamacións por parte do Goberno local, co obxectivo de lograr a súa limpeza e recuperación. Tras un longo proceso administrativo, numerosas reunións e xestións levadas a cabo polo Concello de Barbadás, xa se iniciou a retirada do cascallo.

Os concelleiros Daniel Rey e Victoria Morenza, cuxas concellarías traballaron de maneira coordinada para dar unha solución efectiva a esta problemática, expresaron a súa satisfacción ante o inicio dos traballos. Non obstante, lamentan o “considerable atraso” na súa execución.

Neste sentido, a insistencia e reiteradas xestións municipais lograron que os organismos competentes asuman as súas obrigas con respecto aos terreos. Os pasos posteriores e a futura xestión deste espazo quedan baixo a responsabilidade do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, titular do mesmo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.