PUBLICIDADE

Tres veciños de Toques recoñecidos no GaliciaSkills 2025

PorBisbarra

Venres, 31 Outubro 2025 , , , , ,
Abraham Martin Corral, veciño de Prado, foi medalla de ouro en Mecatronica e estuda no CIFP Politécnico de Lugo.

Talento e esforzo da mocidade de Toques fai que dous veciños e unha veciña triunfan na última edición do GaliciaSkills 2025 que se celebrou esta semana en Silleda.

Abraham Martin Corral, veciño de Prado, foi medalla de ouro en Mecatronica e estuda no CIFP Politécnico de Lugo.

Laura Penas Corral, veciña de Brañas, obtivo a medalla de prata en Diseño Mecanico_CAD grazas a súa formación no CIFP Politécnico de Lugo.

PUBLICIDADE

Alejandro Currás, veciño de Villamor, alumno de FP Básica de Agroxardinería e Composicións Florais no IES de Arzúa fíxose coa medalla de prata da súa especialidade nas FP GaliciaSkills 2025.

GaliciaSkills é máis ca unha competición, xa que serve como escaparate do talento e da excelencia do alumnado galego, ademais de ser un punto de encontro entre educación e sistema produtivo. Nesta edición, o número de probas aumentou un 20% respecto da anterior e a participación creceu un 32%, o que confirma o dinamismo e a relevancia da FP no contexto educativo e laboral galego.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.