PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ulloa Viva demanda a paralización de Altri diante dos informes do CCG

PorBisbarra

Venres, 13 Setembro 2024 , ,

A Plataforma Ulloa Viva, diante do informe elaborado por expertos científicos para o Consello da Cultura Galega, demanda á Xunta de Galicia que “dunha vez por todas paralice a tramitación do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei”. O informe presentado a pasada semana polo CCG “é un dos moitos que agardamos vaian saíndo á luz, e como nos temiamos, confirma as nosas advertencias e a preocupación que temos arredor do proxecto de Altri-Greenalia”, din.

Os veciños e veciñas da Ulloa, O Deza, Terras de Melide e Arzúa “estamos hoxe máis preocupados”logo de que científicos de todos os eidos veñan de confirmar de xeito oficial cuestións coma que “a contaminación atmosférica de Altri converterá o aire da zona nunha ameaza invisible para a saúde”, escrito e documentado cientificamente pola neurocientífica Sonia Villapol, xefa de laboratorio no Centro de Neurorrexeneración do Instituto de Investigación do Hospital Metodista no Texas Medical Center de Houston (EEUU).

Tamén confirma científicamente este informe que Altri pretende ocupar unha illa xeolóxica, case única en toda a Península, con especies vexetais endémicas xa actualmente ameazadas de extinción, que se verían totalmente afectadas. Acreditado no informe pola edafóloga da USC, María Xosé Fernández Sanjurjo. Seguindo coa lectura do informe, sabemos que a instalación de Altri “incrementaría a demanda de eucalipto para a industria de pasta de celulosa en España en case un 50%”, é dicir, que para abastecer esta nova planta habería que incrementar as plantacións de eucalipto en Galicia case o dobre ás existentes na actualidade ou importar un volume considerable dende o sur de América ,  segundo os cálculos do doutor da USC e enxeñeiro agroforestal Eduardo Corbelle.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nunha liña similar, apuntan que “sabemos agora tamén que o estudo de impacto hidrolóxico presentado por Altri-Greenalia, e que a Xunta está a tramitar en Augas de Galicia, “non acada a rigorosidade precisa, ao ser extremadamente simple e moi orientado a ‘esquivar’ o trámite ambiental que outorgue viabilidade ao proxecto”, tal e como apunta o sisudo estudo feito para o CCG polo doutor Horacio García, especialista en Hidroloxía e profesor e investigador da USC. Nesta parte do informe alértase tamén de que Altri-Greenalia emprega nos seus cálculos datos de caudal medios mensuais, o que oculta os datos diarios de caudal, adulterando así os resultando ao facer que os valores de dilución dos contaminantes e incremento da temperatura se axusten, por mínimos, aos limiares esixidos pola lei.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.