PUBLICIDADE

Verea asegura que “Santiago está por enriba de calquera interese partidista e de pactos minoritarios que condenan o noso futuro”

PorBisbarra

Luns, 20 Xaneiro 2025 ,
Verea en rolda de prensa

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea quixo manifestar, en rolda de prensa, que “Santiago está por enriba de min, por enriba, sobre todo, de calquera interese partidista e de pactos minoritarios que condenan o noso futuro” e engadiu que “o noso compromiso como primeiro partido da cidade é con todos os composteláns, aos que lle dicimos, sen complexos, fisuras e sen ningún tipo de titubeos que estamos preparados e dispostos para devolver o papel protagonista que Santiago de Compostela merece”.

“Aí imos a estar sempre -subliñou- na recuperación do liderado; nas solucións desde a unidade; no compromiso cos cidadáns; no progreso colectivo e na consolidación do carácter universal da cidade”.  

Así mesmo, o popular manifestou a súa preocupación, “que -engadiu- é a preocupación de todos os composteláns por unha situación que Santiago non merece. Comparto hoxe a sensación de todos santiagueses, que se están facendo a mesma pregunta: que está pasando?, cara onde imos?, somos testemuñas directas dunha crise aberta que non ten ningunha relación cos intereses xerais da cidade”.

PUBLICIDADE

“Esta coalición de PSOE-BNG-CA segue levando á nosa cidade ao desgoberno, esta alianza de forzas minoritarias é un freo constante ao desenvolvemento de Santiago. Son xa moitos anos renunciando ao estatus de liderado como capital de Galicia e como capital universal que somos”, indicou.

“QUEN GAÑOU AS ELECCIÓNS NO CONCELLO DE SANTIAGO FOI O PP” DI RUEDA

O presidente do goberno galego, Alfonso Rueda apuntou que “quen gañou as eleccións no Concello de Santiago foi o Partido Popular. O Partido Socialista non sabe como intentar xustificar o evidente, que hai unha división tremenda e que repercute no goberno de Santiago. Agora mesmo no goberno municipal santiagués hai de todo menos estabilidade”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.