PUBLICIDADE

Altri repartirá a todos os seus empregados un bonus equivalente a dúas mensualidades

PorBisbarra

Luns, 20 Xaneiro 2025 , ,
As plantas de Altri contan con un centro de control que monitoriza todos os parámetros da actividade de forma permanenteAs plantas de Altri contan con un centro de control que monitoriza todos os parámetros da actividade de forma permanente

O ano 2024 foi un ano sólido para Altri, compañía que impulsa en Galicia o proxecto GAMA a través da súa filial Greenfiber.

En recoñecemento ao mérito e a excelencia no cumprimento dos obxectivos definidos para 2024, Altri anunciou a repartición dun bono de desempeño aos seus traballadores, equivalente a dous salarios mensuais.

Este bonus representa o 14% da remuneración anual de cada empregado en 2024 e o seu pago realizarase xunto coa nómina do mes de febreiro, unha vez finalizado o proceso de Xestión por Obxectivos (GPO). Este recoñecemento é unha forma de valorar a dedicación e o compromiso dos seus empregados. Para a compañía “o éxito de Altri é o resultado do traballo e a paixón de cada membro do equipo e por iso esta práctica de recoñecemento forma parte da cultura da empresa desde hai anos”.

PUBLICIDADE

Así mesmo, e dentro do ámbito das medidas para valorar ás persoas, desde este mes de xaneiro, Altri concederá unha presentación por nacemento ou adopción por importe de 650 euros por neno, en todas as empresas do grupo, co fin de seguir promovendo o benestar dos seus empregados, fomentar a súa continuidade dentro da empresa, a motivación, a colaboración e o seu desenvolvemento persoal e profesional.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.