PUBLICIDADE

Vilasantar solidarízase cun veciño que perdeu a casa nun incendio

PorBisbarra

Mércores, 3 Xuño 2026 , ,
Vilasantar solidarízase cun veciño que perdeu a casa nun incendio

Na noite do pasado luns, ás 5:30 am, Manuel Fernández López despertou por un ruído no faiado e notou un forte olor a fume. Só puido despertar á sua filla e fuxir da casa, xa envolta nas lapas dun incendio de orixe por determinar, aínda que se valora un cortocircuíto.

Grazas á intervención do GES de Curtis e os Bombeiros de Arzúa, sufocouse o incendio, pero a casa e todo o seu contido quedaron calcinados. Por desgraza, a cadela familiar, de 13 anos, non logrou saír do edificio.

A vivenda carecía de seguro, polo que a familia quedou sen nada. Dende o Concello de Vilasantar iniciouse un protocolo de emerxencia social, cunha achega económica para axudar a Manolo de Tamou e a súa filla a iniciar o duro camiño de recuperar a normalidade. Asemade, o consistorio está a apoiar en todo o posible á familia, coa asistencia de dous psicólogos.

PUBLICIDADE

Pola súa banda, os veciños e veciñas máis próximos non dubidaron en mostrar a súa solidariedade con esta familia vilasantaresa. Porén, para facilitar estas mostras de apoio, habilitouse unha conta bancaria para que as persoas que o consideren poidan realizar unha doazón.

Nº de conta: ES6220800024183040030708 Titular: Manuel Fernández López Concepto: Donativo solidario

 Dende o Concello de Vilasantar explican que Manolo cre que hai persoas que poden precisar máis desta axuda, pero matizan que “cada gran de area suma nun momento tan angustioso e nós consideramos que sempre estaremos para apoiar a un veciño”

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.