A Casa da Cultura de Vimianzo foi o escenario onte da terceira edición do Foro Atlántico Empresarial, unha iniciativa promovida por Suelo Empre sarial del Atlántico (SEA) en colaboración co Concello de Vimianzo.
O obxectivo deste encontro é analizar e compartir experiencias sobre a situación actual dos parques empresariais, as súas vantaxes, os requisitos, as oportunidades e as axudas dispoñibles para empresas e emprende dores. O foro reuniu a representantes institucionais, técnicos e empresarios nun espazo de diálogo e cooperación arredor do desenvolvemento económico e territorial.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, foi a encargada de abrir o acto. Na súa intervención agradeceu a presenza de todos os asistentes e, moi especialmente, «de todas as persoas que fan posible a realización deste foro. Detrás del hai moito traballo e estamos encantados de que Vimianzo fora escollido de novo para a súa celebración».
A rexedora definiu o encontro como «unha oportunidade única» para coñecer «as posibilidades, as vantaxes ou as axudas dispoñibles para asentarse nos polígonos».
Pola súa banda, Rosana García, deputada de Industria e Emprego da Deputación da Coruña, incidiu en que este foro «nos convoca arredor dun obxectivo común: seguir impulsando o desenvolvemento sostible e equilibrado da nosa provincia, promovendo o diálogo e a cooperación entre institucións, empresas e sociedade civil».
Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, mostrou o seu agradecemento a «todas as persoas que participan no Foro de SEA, favorecendo un espazo de información, diálogo, construción do mundo da empresa, o emprendemento e a creación de emprego».
Ademais, quixo destacar o papel da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e do concello de Vimianzo «pola súa colabora ción constante ao longo de todos estes anos». Sestayo incidiu durante o seu relatorio «na impor tancia das políticas de promoción de riqueza e emprego como un soporte fundamental para fixar poboación en lugares como Vimianzo».
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, puxo en valor “o compromiso firme do Goberno de España co impulso da economía galega e o apoio real ás pequenas e medianas empre sas, que son o motor do noso tecido produtivo”.



