PUBLICIDADE

Xunta de Galicia e Concello de Boqueixón investirán máis de 460.000 euros na humanización de Lestedo

PorBisbarra

Martes, 5 Maio 2026 , , ,
As actuacións mellorarán a seguridade viaria e facilitarlle a mobilidade tanto aos veciños do núcleo como de vivendas próximas

O Consello da Xunta deu o visto e prace ao acordo polo que se establecen as bases da colaboración e da cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Boqueixón, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora de itinerarios peonís en Lestedo, que suporá un investimento de máis de 460.000 euros.

Baixo este acordo preténdese executar as obras necesarias para integración urbana das vivendas situadas nas proximidades do lugar de Lestedo, con intervencións en dúas rúas: a rúa Castrelo e avenida do Vinteseis (de acceso á zona de aparcamento). Un compromiso adquirido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a reunión mantida a finais de febreiro co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato.

Neste sentido, Rodeiro Tato volveu agradecer a boa disposición do presidente da Xunta “para asinar este convenio de colaboración para humanizar a entrada a Lestedo. Unha actuación que permitirá mellorar a seguridade viaria na zona e facilitar a mobilidade non so dos veciños e veciñas de Lestedo, senón tamén dalgunhas vivendas e mesmo das aldeas da contorna”.

PUBLICIDADE

O Goberno galego cofinanciará nun 70% estas intervencións, achegando un investimento de máis de 322.000€, e contratará e executará as obras. O Concello de Boqueixón achegará o 30% restante do custo das actuacións, algo máis de 138.000€; redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución e comprométese a recibir, manter e conservar as actuacións, que incorporará ao patrimonio público municipal.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.