PUBLICIDADE

A Biblioteca de Barbadás recibe o Premio María Moliner

A Biblioteca de Barbadás durante unha das súas actividades de animación á lectura para os máis pequenosA Biblioteca de Barbadás durante unha das súas actividades de animación á lectura para os máis pequenos

A Biblioteca de Barbadás recibiu o premio, por segundo ano, que otorga o Ministerio de Cultura, pola iniciativa ‘Mil cuentos, mil aventuras’

A Biblioteca Municipal do Concello de Barbadás vén de ser galardoada, por segunda vez, co prestixioso premio da Campaña de Animación á Lectura María Moliner, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte de España. Un recoñecemento que recibe a biblioteca por mor da súa iniciativa Mil cuentos, mil aventuras, dirixida a fomentar a lectura e a escritura en idades temperás a través de actividades variadas e educativas ao longo do ano.

O proxecto conta cunha protagonista moi especial: Catalina, unha tartaruga aventureira que acompaña á rapazada nas diferentes actividades realizadas en escolas, colexios, na biblioteca e outros espazos como o camiño escolar. A presenza de Catalina busca facer que as experiencias de lectura sexan máis lúdicas e atractivas, axudando a que os pequenos identifiquen a biblioteca como un espazo non só de aprendizaxe, senón tamén de diversión.

As actividades incluídas en Mil cuentos, mil aventuras teñen como obxectivo principal fomentar o hábito lector de maneira amena e interactiva, presentando aos máis pequenos as múltiples aventuras que se agochan nos libros. Ademais, este proxecto non só promove a lectura, senón que tamén incorpora contidos e valores fundamentais como a igualdade, o respecto, a cooperación e o coidado do medio ambiente.

PUBLICIDADE

Este premio María Moliner do Ministerio de Cultura recoñece o esforzo da Biblioteca de Barbadás por formar novos lectores e lectoras, destacando o impacto positivo que iniciativas coma esta teñen na comunidade. Traballar cos máis pequenos é fundamental para crear adultos comprometidos coa lectura, un costume san e enriquecedor que contribúe ao desenvolvemento persoal e social.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.