PUBLICIDADE

A exposición das obras do ‘Encontro coa Arte: Lembrando a Luísa Villalta 2024’ xa se pode visitar en Brión

Inauguración na sala de exposicións do Concello de Brión da mostra de 38 obras doadas polos participantes no XVII Encontro coa Arte de 2024Inauguración na sala de exposicións do Concello de Brión da mostra de 38 obras doadas polos participantes no XVII Encontro coa Arte de 2024

A exposición coas obras doadas polos artistas participantes no XVII Encontro coa Arte: Lembrando a Luísa Villalta, celebrado do 28 ao 30 de xuño de 2024, xa se pode visitar na sala de exposicións do Concello de Brión, tras a súa inauguración o pasado venres pola concelleira de Cultura, Sandy Cebral.

A exposición recolle un total de 38 cadros doados polos artistas participantes no Encontro coa Arte: Lembrando a Luísa Villalta 2024: Alba Roqueta, Ángel Contreras, Antón Sobral, Carmen Martín, Chelo Rodríguez, Frutos Casado de Lucas, Isabel Pintado, Iván Prieto, Joaquín Cortés, José A. Regidor, José Galarzo, Laureano Vidal, Manuel Alpañés, María Carmen Martínez, María Manuela, María Xesús Díaz, Mariano Casas, Miguel Anxo Varela, Paco Casal, Rafa Arroyo, Ricardo Rilo, Siro, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vázquez Castro e Xosé Vizoso. Unhas obras que pasarán a formar parte da pinacoteca municipal do Concello de Brión.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.