PUBLICIDADE

A II Feira do Ovo Campero de Melide abre o prazo de inscrición de balde para expositores e postos

Imaxe da primeira edición da Feira do Ovo Campero de Melide durante o momento no que se lle dá a volta á tortilla máis grande do mundoImaxe da primeira edición da Feira do Ovo Campero de Melide durante o momento no que se lle dá a volta á tortilla máis grande do mundo

A II Feira do Ovo Campero de Melide, o 6 e 7 de setembro, intentará facer de novo a tortilla máis grande do mundo, e como novidade, tamén o ovo frito

A II Feira do Ovo Campero, que organiza El Huevo de la Abuela co apoio do Concello de Melide, vén de abrir ata o vindeiro 15 de agosto o prazo de inscrición gratuíta para solicitar os postos e expositores desta celebración. “Haberá ata 30 postos para expositores de alimentación, artesanía ou outras actividades de interese”, explicou Manuel Casal, organizador da feira.

Tras o éxito do ano pasado, a Feira do Ovo Campero, que se desenvolverá os días 6 e 7 de setembro, ten un novo obxectivo: a elaboración do ovo frito máis grande do mundo, que terá dous metros de diámetro. Ademais, a organización intentará de novo de facer a tortilla máis grande do mundo.

A Feira do Ovo Campero de Melide terá fins solidarios principalmente e xa están á venda as entradas anticipadas, para gozar dunha ración de tortilla e pan dende 3 euros. A recadación destinarase a comedores sociais e entidades benéficas.

PUBLICIDADE

Os interesados en acudir como expositores ou en adquirir racións solidarias teñen toda a información premendo nesta ligazón ou ben, tamén para solicitar un posto, se pode realizar enviando un correo electrónico a feriadelhuevocampero@elhuevodelaabuela.com.

Manuel Casal, da empresa que comercializa os ovos camperos da marca El Huevo de la Abuela, asegura que será “unha fin de semana moi especial, con actividades de todo tipo, 70 persoas tentando preparar unha tortilla de seis metros de diámetro e un novo e ilusionante reto, o de cociñar un ovo frito de dous metros de diámetro”, incidiu.

O programa da feira inclúe demostracións de chefs, charlas divulgativas e talleres de cociña, ademais de concursos de tortilla e outras actividades de entretemento, cultura e divulgación clulinaria.

El Huevo de la Abuela é unha empresa familiar dedicada á explotación e produción de ovos de galiña campera desde 2017. Con instalacións en Palas e Melide, das que saen cada día ao mercado 15.000 ducias de ovos camperos.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.