PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Mostra Internacional de Teatro busca ao seu novo director artístico

A Mostra Internacional de Ribadavia vén de convocar o proceso para a contratación do seu novo director artísticoA Mostra Internacional de Ribadavia vén de convocar o proceso para a contratación do seu novo director artístico

O Concello de Ribadavia vén de anunciar a convocatoria dun procedemento aberto para a contratación do director artístico da Mostra Internacional de Teatro (MIT) que remata o 18 de febreiro

O Concello de Ribadavia vén de abrir o proceso para a contratación do novo director artístico da Mostra Internacional de Teatro (MIT), un evento cultural de referencia en Galicia. Unha convocatoria que responde á necesidade de contar cun equipo especializado tras o cesamento voluntario do anterior director, Roberto Pascual.

A persoa ou entidade seleccionada para dirixir a Mostra Internacional de Teatro será responsable do deseño e da programación do festival, asegurando a coherencia dramatúrxica e a eficiencia económica. Tamén será o encargado de elaborar memorias, orzamentos e documentación para convenios e patrocinios, ademais de coordinar grupos de traballo e seleccionar as empresas e ao persoal técnico. Tamén terá entre as súas tarefas a de xestionar as actividades paralelas á Mostra Internacional de Teatro, como o Premio Abrente, as residencias artísticas e as coproducións, xunto coa colaboración na estratexia de comunicación e difusión do evento.

O contrato para a dirección artística da Mostra Internacional, cun valor estimado de 8.264,46 euros (10.000 euros con impostos), terá unha duración dun ano, prorrogable ata un máximo de cinco anos, como establece a Lei de Contratos do Sector Público.

PUBLICIDADE

O proceso de contratación do director da Mostra Internacional realizarase mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria. A avaliación das ofertas basearase en criterios técnicos e económicos, dando maior peso á experiencia en dirección de proxectos artísticos e á calidade do plan de dirección artística presentado.

As propostas para optar á dirección artística da Mostra Internacional deberán formalizarse antes do vindeiro 18 de febreiro, ás 14:00 horas, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
Con esta apertura a concurso público, o Concello cumpre cunha das promesas do seu alcalde, César Fernández, de que o posto se adxudique mediante un procedemento aberto e tras unha avaliación previa das ofertas, baseándose en criterios técnicos, económicos e na experiencia no eido da dirección artística, ademais da calidade do plan presentado.

Para máis información sobre os requisitos e condicións para optar ao posto de director artístico da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, os interesados poden consultar o perfil do contratante na Plataforma de Contratación do Estado.

Unha Mostra Internacional que converte Ribadavia na capital do teatro

Ribadavia é a capital do teatro dende 1973, cando a Agrupación Cultural Abrente puxo en marcha as Mostras de Ribadavia, dentro dun ambiente de recuperación cultural mais tamén social e económico que se vivía en España dende a década dos 60, mais en tempos de dificuldades (económicas, censura…) polo que estas Mostras supuxeron un punto de encontro para a normalización e a profesionalización do Teatro Galego.

A partires de 1984 convértese nun festival internacional, o que supón unha oportunidade para achegar o teatro e aos grandes nomes da escena internacional á sociedade galega. E, na actualidade a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavía consolidouse como evento de referencia da dramaturxia no país.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.