PUBLICIDADE

A Primavera de Cultura de Arzúa continúa este venres cunha sesión de contos

O programa Primavera de Cultura de Arzúa leva os contos de María da Pontragha ao local social de San Martiño de CalvosO programa Primavera de Cultura de Arzúa leva os contos de María da Pontragha ao local social de San Martiño de Calvos

A programación de Primavera de Cultura se estenderá ata finais do mes de maio, e este venres chega ao local social de San Martiño de Calvos cunha sesión de contos a cargo de María da Pontragha e unha chocolatada

O programa Primavera de Cultura, posto en marcha polo Concello de Arzúa ofrecendo propostas culturais para todos os públicos ata finais de maio para o fomento da lectura e das Letras Galegas, terá continuidade este venres 9 de maio cunha sesión de contos, que forma parte da iniciativa municipal As parroquias contan.

Así, María da Pontragha será a encargada de levar os contos ao local social de San Martiño de Calvos, nunha sesión que comezará ás 20:30 horas, con entrada libre e de balde, e tras a cal se ofrecerá a todos os asistentes unha chocolatada, explican dende o departamento de Cultura do Concello de Arzúa nun comunicado.

O concelleiro de Cultura de Arzúa, José Luís García, lembra que continúan abertas dúas exposicións que se poden visitar. A Capela da Madanela acolle a mostra do XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña ata o 20 de maio e que está aberta de martes a sábados en horario de 18:30 a 20:30 horas. Por outra banda, continúa a exposición de fotografía de Bruno Lernout ubicada agora no primeiro andar da Casa de Correos aberta todos os días de 17:00 a 20:00 horas.

PUBLICIDADE

José Luís García anima “a todas as persoas a participar nestas iniciativas, tanto na vila como nas parroquias, como síntoma da boa saúde que ten a programación cultural no noso concello”, cunha ampla programación, para todos os públicos e da que se poderá gozar ata o remate do mes de maio.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.