PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de Arzúa abre a inscrición no programa ‘Regreso ás aulas’ de actividades

O programa ‘Regreso ás aulas’ ofrece atividades como pintura, club de lectura, baile, tenis, danza, ioga ou ximnasia de mantemento

O Concello de Arzúa vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades culturais e deportivas que ofrece o programa municipal Regreso ás aulas. Un programa que ano a ano conta cunha elevada participación da veciñanza, e que neste novo curso ofrece pintura (dende os 5 anos), bailes afrolatinos (para adultos), club de lectura (maiores de 18 anos), danza moderna (dende os 5 anos), tenis e patinaxe (crianzas e adultos), ioga e zumba e ximnasia de mantemento (maiores de 60 anos).

Prazo e inscricións nas actividades

O prazo de inscrición terá dúas fases, unha ordinaria do 19 ao 29 de setembro, e outra extraordinaría, do 2 ao 27 de outubro. As inscricións poderán formalizarse presencialmente nas oficinas municipais ou ben a través da páxina web do Concello de Arzúa. Os prezos variarán segundo a idade.

O deporte e as actividades culturais son fundamentais no só para manter unha boa saúde física, senón tamén para garantir unha vellez digna e para loitar contra o sedentarismo”

O alcalde do Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destacou a importancia deste programa para mellorar a calidade de vida da poboación. Tamén incidiu en que, despois da boa acollida por parte da veciñanza das anteriores edicións, agardan repetir, e incluso mellorar os datos de inscrición de edicións anteriores.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O rexedor arzuán destacou tamén que “entendemos o acceso ao deporte e á cultura como un dereito de todos e todas as arzuás, e por iso traballamos para que este tipo de actividades sexan accesibles a toda a veciñanza”.

Con esta nova edición do programa Regreso ás aulas, o Concello de Arzúa reafirma o seu compromiso na mellora da vida da xente a través da creación de servizos públicos de calidade e accesibles para toda a veciñanza, garantindo así que o lecer, o deporte e a cultura sexan dereitos reais da poboación.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.