PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Arrinca o ‘XVIII Outono Gastronómico en Turismo Rural’ nas catro provincias galegas

Presentación do XVIII 'Outono Gastronómico en Turismo Rural' impulsado pola Xunta de Galicia

Un total de 77 establecementos de toda Galicia participan no ‘XVIII Outono Gastronómico’ ofrecendo estadías, menús especiais e actividades ao aire libre

A 18ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural fue presentada na Casa do Cruceiro en Raíces, na parroquía de Biduido no concello de Ames, un dos 77 establecementos que participan nesta proposta ofrecendo menús especiais, paquetes con estadías e actividades ao aire libre.

A iniciativa, que promove a Xunta de Galicia comezou o pasado 13 de setembro e extenderase ata o vindeiro 15 de decembro. A proposta de Turismo de Galicia busca desestacionalizar o turismo rural na comunidade e impulsalo nos meses de outono e os primeiros días de inverno.

Ademais da oferta de paquetes especiais, e de estadias por parte dos establecementos rurais participantes neste Outono Gastronómico en Tursimo Rural, algunhas das casas de aloxamento ofrecerán actividades como paseos a cabalo, andainas, descenso en canoa ou sendeirismo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Representantes da Xunta de Galicia e do Concello de Ames durante a presentación do 'XVIII Outono Gastronómico en Turismo Rural' na Casa do Cruceiro de Raíces

“Ames non é un concello turístico ao uso, pero temos espazos e infraestruturas tan fermosas como a que visitamos hoxe, ademais de ser o único concello de Galicia polo que atravesan tres dos camiños xacobeos: o de Fisterra, o portugués e o camiño Muros-Noia, que cada vez está a recibir maior recoñecemento”, dixo o alcalde de Ames, Blas García, durante a presentación do Outono Gastronómico en Turismo Rural na Casa do Cruceiro.

O rexedor amesá acompañou na presentación ao director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, á delegada da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Belén Docampo, o presidente de FEGATUR, Francisco Xabier Almuña, e o vicepresidente do Clúster do Turismo de Galicia, Jesús Picallo.

Esta iniciativa impulsada por Turismo de Galicia “conseguiu consolidarse como demostran os case 6 millóns de euros que se inxectaron no sector turístico nestes 17 anos, nos que participaron máis de 92.000 persoas“, asegurou Xosé Merelles que insistiu en que a intención é a de “desestacionalizar e impulsar o sector turismo rural”.

CONVOCATORIA ABIERTA

Desde Turismo de Galicia, destacou Merelles, realizarase unha convocatoria aberta de “xente que queira promocionar Galicia, o seu turismo rural e en concreto a campaña do Outono Gastronómico 2024, apelando ao seu orgullo por ser galego e o seu cariño por amosar Galicia”, que se converterán en Embaixadores e poderán gozar desta experiencia de turismo rural. Ademais, tamén se inclúen concursos nas redes de Turismo de Galicia dirixidos aos seguidores, nos que os premios serán fins de semana Outono Gastronómico.

O sector do turismo rural cerrou o mes de xullo con máis de 100.000 persoas aloxadas nos seus establecementos, un incremento do 3% con respecto ao ano pasado

Toda a información sobre o XVIII Outono Gastronómico en Turismo Rural pódese descargar na web www.turismo.gal, na que figuran ademais todos os establecementos participantes e os menús exclusivos e as actividades que ofrecen cada un deles.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.