PUBLICIDADE

AstroGalicia, a festa galega das estrelas, chega de novo a Arzúa no mes de decembro

Presentación da segunda edición que acolle o Concello de Arzúa de maneira consecutiva do encontro AstroGalicia 2025Presentación da segunda edición que acolle o Concello de Arzúa de maneira consecutiva do encontro AstroGalicia 2025

AstroGalicia busca achegar a astronomía á veciñanza e ao público de todas as idades a través de propostas abertas gratuítas ou de actividades formativas

AstroGalicia regresa de novo ao Concello de Arzúa. Trátase do encontro de referencia da astronomía en Galicia, que terá lugar os días 20 e 21 de decembro de 2025 no Multiusos Terra do Queixo. As novas datas do evento foron presentadas hoxe nun acto no que participaron Dositeo Veiga, en representación de Ceos Galegos, o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e o concelleiro de Xuventude, Daniel Moscoso.

A chamada festa galega das estrelas converterá por segundo ano consecutivo o concello de Arzúa no punto de encontro para profesionais, amadores e persoas curiosas polo firmamento, con charlas, obradoiros, seminarios, exposicións e observacións astronómicas abertas a todos os públicos.

A iniciativa está organizada polo proxecto Ceos Galegos, coa colaboración das principais asociacións galegas de amadores da astronomía (AstroVigo, Asociación Astronómica Rías Baixas, Club Compostelán Vega de Astronomía, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Asociación Astronómica Sirio e a Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica) e conta co patrocinio do Concello de Arzúa e o apoio do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa e da Fundación Ciencia, Ceo e Cultura.

PUBLICIDADE

A programación de AstroGalicia dividirase en dous tipos de actividades: por unha banda, propostas abertas e gratuítas dirixidas a toda a veciñanza, e por outra, actividades formativas e prácticas con inscrición previa, nas que as persoas asociadas e os veciños e veciñas de Arzúa disporán de prezos reducidos.

A finalidade de AstroGalicia é achegar a astronomía a todos os niveis de interese, polo que o contido das palestras abertas estará sempre orientado para que as persoas sen coñecementos previos na materia poidan adquirir nocións básicas e iniciarse neste campo científico.

alcalde Xoán Xesús Carril agradeceu a confianza depositada de novo en Arzúa e indicou que “é unha honra que o noso municipio volva ser o epicentro desta cita que une ciencia e divulgación, fomentando o coñecemento e o encontro no noso concello entre persoas de diferentes puntos do mundo.”

programación completa presentarase nas vindeiras semanas, xunto coa información necesaria para realizar as inscricións. Ata entón, só queda mirar ao ceo… e ir collendo forzas para esta nova edición da festa das estrelas.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.