PUBLICIDADE

Barbadás elixirá a comisión das festas da Valenzá a través dun novedoso proceso de selección

O Concello de Barbadás á comisión de festas da Valenzá a través dun novedoso proceso de selección, para o que xa está aberto o prazo de recepción de solicitudesO Concello de Barbadás á comisión de festas da Valenzá a través dun novedoso proceso de selección, para o que xa está aberto o prazo de recepción de solicitudes

O Concello de Barbadás vén de iniciar un novedoso proceso para a selección da comisión das festas de 2026 da Valenzá. O goberno local opta por este procedemento ante o interese crecente da poboación por encargarse dos festexos: en 2025 foron dúas as comisións candidatas e a previsión é que este ano o número sexa maior.

Aquelas persoas ou grupos interesados en organizar as festas patronais poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 de xaneiro. Entre outras condicións, os festexos deberán realizarse a fin de semana anterior ao 11 de xuño (día de San Bernabé, patrón da Valenzá), as actuacións musicais rematarán ás 4:30 horas o venres e sábado e ás 23:00 horas o domingo, o día 11 haberá festa na praza do pobo vello co tradicional baile da pataca, e será obrigatoria a instalación de baños portátiles nas verbenas e no entorno das atraccións infantís, así como dun punto violeta de información contra a violencia machista nun lugar de visibilidade preferente.

Unha vez presentadas as solicitudes, constituirase un comité de valoración presidido polo tenente alcalde de Barbadás, Daniel Rey, coa asistencia técnica do secretario da corporación, un funcionario da Policía Local, un funcionario de Protección Civil, un traballador do departamento de Cultura e un traballador da Escola de Música. O comité encargarase de avaliar as propostas presentadas, nas que se valorará a calidade artística das agrupacións musicais e a organización de actividades deportivas, populares e de carácter lúdico que contribúan á dinamización social e á convivencia veciñal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.