PUBLICIDADE

Enreguéifate! abre o prazo de inscrición para o seu certame de regueifas en vídeo

A gala de entrega de premios da pasada edición do Enreguéifate! organizado polos Concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago e TeoA gala de entrega de premios da pasada edición do Enreguéifate! organizado polos Concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo, e que vén de abrir o prazo para a recepción das propostas en vídeo

Enreguéifate! convoca o concurso baixo o lema ‘Versos doutro Universo’, e o prazo para enviar as propostas en vídeo remata o 6 de marzo

Enreguéifate!, iniciativa impulsada polos departamentos de normalizacion lingüística dos Concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición do seu certame de regueifas en vídeo. O proxecto Enreguéifate!, que suma este ano a súa novena edición, céntrase na divulgación e posta en valor da improvisación oral en lingua galega.

Para participar no concurso é preciso enviar, entre hoxe 12 de xaneiro e o vindeiro 6 de marzo, un ou máis vídeos cunha duración máxima de 3 minutos, nos que aparezan cando menos dúas persoas regueifando sobre un tema libre. A inscripción deberá realizarse a través da web do proxecto, www.enregueifate.gal, na que tamén poden consultarse as bases completas do certame.

Baixo o lema Versos doutro universo, a novena edición do certame contará novamente con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa interesada, e outra escolar, dirixida ao alumnado dos centros educativos galegos non universitarios. Como en edicións anteriores, en cada categoría outorgaranse oito regueipremios, que recoñecerán a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira. A entrega de premios terá lugar na gala do xoves, 16 de abril, que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.