PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Camborda e ‘O Corno’ abriron a programación co gallo do 25N en San Sadurniño

PorBisbarra

Mércores, 13 Novembro 2024 , , ,

A directora Jaione Camborda participou nun coloquio tras a proxección de O Corno dentro do Ciclo Nacional de Cinema Mulleres Rurais

Un coloquio da directora de cinema Jaione Camborda tras a proxección do seu filme O Corno, Mellor Película na 71º Festival de San Sebastián, abriron onte martes a programación do Concello de San Sadurniño co gallo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e as nenas.

A proxección da película O Corno e o posterior coloquio coa súa directora Jaione Camborda forman parte do VII Ciclo Nacional de Cinema e Mulleres Rurais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e chegaron ata San Sadurniño grazas á porposta do GDR Seitura 22. O ciclo está composto dun total de 17 longametraxes e 6 curtas españolas centradas no mundo rural e doutras actividades complementarias.

No programa do Ministerio atópanse destacadas directoras galegas como Sonia Méndez ou a propia Jaione Camborda. Ademáis, ambas realizadoras participaron na primeira edición do Chafaina Lab de San Sadurniño no ano 2014, Méndez fíxoo co seu traballo Café Bar Santos peluquería, e Camborda co filme experimental Proba de axilidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de San Sadurniño iniciou así, coa proxección de O Corno e posterior coloquio co público de Jaione Camborda, a programación de actividades co gallo do 25N que se desenvolverán ao longo de todo o mes de novembro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.