PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Deputación recibe ao Club Atletismo Narón, campión de España Sub-14

Os deportistas do Club Atletismo Narón, campións de España Sub-14, co deputado provincial de Deportes, Antonio LeiraOs deportistas do Club Atletismo Narón, campións de España Sub-14, co deputado provincial de Deportes, Antonio Leira

O deputado de Deportes, Antonio Leira, detacou “a importancia de apoiar ao deporte de base para conseguir logros como este” do Club Atletismo Narón

A Deputación Provincial da Coruña vén de recibir, o pasado día 7 de novembro, aos deportistas integrantes do Club Atletismo Narón, que o pasado mes de outubro conseguían o Campionato de España Sub-14 de atletismo, nunha competición que se disputou en Alcobendas, Madrid.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, que presidiu a recepción, parabenizou aos deportistas do Club Atletismo Narón por “este magnífico éxito deportivo, froito do voso esforzo e traballo constante”, e animounos “a seguir adestrando duro e conseguindo éxitos para o deporte da provincia”.

Na área de Deportes da Deputación dicimos que o deporte fainos grandes, e vós sodes boa proba diso, da importancia que ten apoiar o deporte de base para conseguir grandes logros como este campionato de España, que fan que nos sintamos orgullosos de vós”

O director deportivo do Club Atletismo Narón, Manuel Polo, agradeceu o apoio constante da Deputación ao deporte base, que permite que clubs como o naronés desenvolvan a súa actividade e acaden logros importantes coma este. Ademais, destacou a importancia de crear eventos como Circuíto Deputación da Coruña de Atletismo en Pista, que promoven a participación dos clubs e fomentan a afección ao atletismo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
O deputado de Deportes, Antonio Leira, felicita aos campións de España do Club Atletismo Narón
O deputado de Deportes, Antonio Leira, felicita aos campións de España do Club Atletismo Narón
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.