A entrega de premios do VIII Enreguéifate desenvolveuse no Auditorio de Galicia, un certame impulsado polos servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Teo
O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado luns 19 de maio a gala de entrega de premios do VIII Enreguéifate. Un proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para fomentar a improvisación oral en verso en lingua galega.
Preto dun milleiro de persoas participaron na gala desta oitava edición do certame Enreguéifate, que estivo conducida polo mestre, músico e regueifeiro Manolo Maseda; polo mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; e polas formadoras do concurso Lupe Blanco, O Rabelo, Nuria das Cruces e Xairo d’Herbón.
Foi unha gala accesible en lingua de signos que contou coa asistencia dunha vintena de colexios e institutos de toda Galicia, ademais dunha representación de bertsolaris do País Vasco. A xornada foi amenizada tamén pola Orquestra da Regueifa, formada por estudantes do IES do Milladoiro de Ames, o IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela e o IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, así como pola música das Pandeireteiras do Camballón, alumnas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Os premios do certame Enreguéifate foron entregados da man de Maruxa Suárez, concelleira de Cultura de Carballo; María Vázquez, concelleira de Educación, Muller, Igualdade, Diversidade e Lingua de Teo; Blas García, alcalde do concello de Ames; e Pilar Lueiro, tenente de alcaldesa de Santiago de Compostela.
Gañadores por categorías deste VIII Enreguéifate
Na categoría xeral, entregáronse os galardóns á Regueifa máis brava, a Paco Felípez e Óscar García, con “Veciños ben levados” (Carballo e Malpica); a Regueifa máis aguda, para Arrieiro e Chaminho pola súa “Video-regueifa atlántica” (Malpica e A Coruña); a Regueifa máis diversa, para a Escola da Regueifa de Carballo, con “A nosa propia melodía” (Carballo); a Regueifa máis reivindicativa, para as Ministras por “Se nós fósemos ministras” (Pontevedra); a Regueifa mellor falada, ex aequo para Guerreiras regueifeiras, “Cidades galegas” (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, “Vivan as nosas poetas” (Santiago de Compostela); a Regueifa mellor cantada, que foi para aAsociación Cultural Coro Virxe da Renda (Poio) polo seu vídeo “Cantar e desfrutar“; e a Regueifa máis inclusiva, entregada aos Teiseiros Regueifeiros co seu “Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro” (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).
Na categoría escolar, a Regueifa máis brava foi paraOs falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo); a Regueifa máis aguda para o grupo6º B Quiroga Palacios, coa súa “Regueifa do banquete” (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela); o premio á Regueifa máis diversa levárono asRegueifeiras do Rosalía coa “Regueifa pola diversidade” (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela); a Regueifa máis reivindicativa foi para as Regueifeiras do Camballón, co vídeo “Altri non! Mina non!” (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces); a Regueifa mellor falada para o grupoA cuarta revolta, coa regueifa “Continuemos co legado” (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños); a Regueifa mellor cantada para asRegueifeiras de Dodro, “Emoción ou razón?” (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro); a Regueifa máis inclusiva entregóuselle ao grupo Radio Regueifa Inclusiva, con “Somos diferentes, somos referentes” (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela); e a Regueifa máis entroideira foi para As Entroideiras, co vídeo “O Entroido galego” (CEIP San Martiño, Pontevedra).




