PUBLICIDADE

A mobilización a prol do galego reuniu milleiros de persoas na Praza do Obradoiro, en Santiago, para dar tamén “outra lección de dignidade ao Goberno galego”

Milleiros de persoas, convocadas pola Plataforma Queremos Galego!, percorreron as rúas de Santiago, o pasado domingo 23 de febreiro, e reuníronse na Praza do Obradoiro a prol do galego ante a “emerxencia lingüística extrema” que está a padecer, segundo indicou o voceiro da pataforma convoncante, que aglutina a máis de 600 colectivos sociais, Marcos Maceira, e que precisou que “a sociedade galega está hoxe aquí reunida para dar outra lección de dignidade ao Goberno galego”.

Os milleiros de persoas, convocodas baixo o lema Ligua vital xa!, a prol do galego, iniciaron o seu percorrido na Alameda de Santiago ata chegar á Praza do Obradoiro, na que Maceira precisou que, despois da mobilización do mes de novembro, o Goberno galego decidiu reaccionar, “mais só en apariencia, ao convocar unhas comisións con absoluta opacidade”.

O Goberno galego se quere reaccionar, se quere tomar medidas, sabe moi ben o que ten que facer. O primeiro, cumprir e mostar a súa vontade de cumprimento dos acordos que xa están tomados. E, en segundo lugar, abrir un proceso amplo, un proceso plural, un proceso participativo” (Marcos Maceira, voceiro da Plataforma Queremos Galego!)

Na manifestación a prol do galego, en Santiago, tamén participaron os líderes das formacións políticas con representación no Parlamento Galego na oposición, como a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

PUBLICIDADE

Ana Pontón calificou de “histórica” a mobilización en defensa do galego, considerou que “esta manifestación ten que significar un punto e aparte para deixar atrás as políticas lingüicidas do PP” e reclama aos populares que volvan ao consenso do Plan de Normalización Lingüística, “o gran acordo polo galego que xa ten Galiza e que eles racharon”.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, durante a manifestación a prol do galego o pasado domingo
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, durante a manifestación a prol do galego o pasado domingo

Pídolle ao señor Alfonso Rueda que deixe de negar a realidade e de manipular os datos oficiais sobre a situación de emerxencia na que se atopa a lingua, e que escoite o clamor que hoxe se sente en Compostela a favor do galego” (Ana Pontón, voceira nacional do BNG)

“Ante esta dramática realidade”, a voceira nacionalista reclamou ao presidente da Xunta que “deixe de atacar a nosa lingua e abandone políticas tan lesivas como ese “decreto da vergoña” que, advertiu, está provocando que “os nenos e nenas que entran pola porta da escola falando galego, saian falando en castelán”.

O secretario xeral dos socialistas galegos defendeu, pola súa banda, a importancia de protexer, preservar e potenciar o galego”, e inicidiu en que “non temos futuro se non defendemos o noso idiona”. E, tras o percorrido polas rúas de Santiago, Gómez Besteiro reivindicou que “a lingua galega ten que ocupar o lugar que lle corresponde, co apoio real das institucións”.

Os socialistas Silvia Longueira e José Ramón Gómez Besteiro durante a manifestación a prol do galego en Santiago
Os socialistas Silvia Longueira e José Ramón Gómez Besteiro durante a manifestación a prol do galego en Santiago

Gómez Besteiro rexeitou tamén que se faga uso da lingua como ferramenta de confrontación, xa que “é de todos e de todas, é un dereito, e sen ela non hai país”, polo que reafirmou o compromiso dos e das socialistas na súa defensa “con orgullo e sen medo”. 

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.