PUBLICIDADE

O Carballiño inicia a programación da Festa do Pulpo 2025 cunha homenaxe á emigración

O Carballiño está a rematar os preparativos para a Festa do Pulpo 2025, cuxo programa comeza o xoves co Día da EmigraciónO Carballiño está a rematar os preparativos para a Festa do Pulpo 2025, cuxo programa comeza o xoves co Día da Emigración

O Carballiño inicia a súa programación da Festa do Pulpo 2025 coa celebración este xoves do Día da Emigración, cunha homenaxe ao Centro Galego de México, pasarrúas e o concerto de Lucía Pérez

O Concello de O Carballiño dá o pistoletazo de saída da intensa programación da Festa do Pulpo 2025 este xoves 24 de xullo. Serán 20 días repletos de actividades culturais, musicais, gastronómicas e de confraternización nos que O Carballiño recibirá a miles de visitantes. A Festa do Pulpo convértese cada ano nunha celebración de encontro da emigración, que nestas datas regresa ás súas casas para desfrutar das vacacións, da familia e da terriña.

O Concello do Carballiño, en colaboración coa Secretaría de Emigración, impulsa este ano o Día do Emigrante, unha xornada de celebración e homenaxe a todos os veciños e veciñas que cruzaron o Atlántico en busca dun futuro mellor sen esquecer nunca as súas raíces. “É un día de agradecemento aos nosos emigrantes, sen os que O Carballiño non sería o que é”, asegurou Manuel Dacal, concelleiro de Turismo durante a presentación da cita.

A xornada inclúe a entrega dunha placa a Alfonso Martínez, presidente do Centro Galego de México, en recoñecemento da importante labor desta entidade, impulsada polos galegos emigrados no 1911, hai máis dun século. “A intención é homenaxear cada ano á comunidade emigrante galega dun país distinto”, explicou Manuel Dacal.

PUBLICIDADE

A celebración tamén conta cun pasarrúas moi especial, en honor á cultura mexicana. Así, os integrantes de Mariachi Juvenil Mi Tierra encherán coa súa alegre música as rúas da vila a partir das 20:00 horas.

O plato forte da xornada é o concerto da eurovisiva galega, Lucía Perez, quen actúa por primeira vez no Carballiño. “Parto das cancións do meu repertorio, pero mesturadas con cancións do folclore galego. É un concerto moi dinámico, estou rodeada de grandes músicos e imos a dalo todo!”, aseguraba a propia artista. O concerto, que terá lugar na Praza Maior, arrinca ás 23:30 horas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.