PUBLICIDADE

Xulio Lago recibe o Premio da Academia Galega do Teatro no marco da MIT de Ribadavia

(Fotos: MIT I Rosiña Rojo)

O Premio da Academia Galega do Teatro foi entregado o pasado 19 de xullo no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia, no marco da MIT Mostra Internacional de Teatro que se está a desenvolver na localidade ourensana dende o pasado 18 de xullo.

O galardón outorgouse este ano a Xulio Lago Alonso, pola súa dilatada e contundente carreira, sempre na procura da excelencia e da coherencia artística. Primeiramente dende a compañía Teatro da Mari-Gaila e posteriormente desde Teatro do Atlántico, Xulio Lago soubo elaborar un discurso estético e ético incuestionable, representando un sólido chanzo na construción dunha profesión teatral en Galicia comprometida co país. 

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.